Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Internacionalización | Burgo das Nacións: CITAS CON LINGUA...

9 de mar. de 2016

CITAS CON LINGUA...

Citas con Lingua...

A lingua, como sistema de comunicación verbal. xestual ou escrita, propia dunha comunidade humana, é unha das maiores riquezas que ten o ser humano. Na actualidade 
non é posible contabilizar exactamente o número de linguas existentes no mundo, xa que van aparecendo e desaparecendo continuamente pero estímase que se falan en todo o mundo arredor de 7000 idiomas diferentes. O 90% dos mesmos, son falados por menos de 100.000 persoas, como os propios das tribus ou poboacións con diferentes dialectos. Entre 150 e 200 idiomas son falados por un millón de persas, mentres que 46 tipos de lenguas son faladas por só un individuo.
E se contamos algunas curiosidades sobre os idiomas?

  • Existen arredor de 7000 linguas no mundo, de 189 estados e faladas por 7 mil millóns de persoas.
  • A maioría das linguas fálanse en Asia e África.
  • Aproximadamente a metade da poboación mundial é bilingüe.
  • As linguas máis faladas de acordo coa UNESCO son (de maior a menor): Chino, Mandarín, Inglés, Español, Hindú, Bengalí, Ruso, Portugués, Japonés, Alemán e Francés.
  • 2500 linguas están en perigo de extinción.
  • As persoas que saben máis dun idioma gañan aproximadamente un 8% máis.
  • Segundo diversos estudos, falar varios idiomas podería retrasar o envellecemento cerebral.
Visto isto imos a propoñer unha actividade na que fagamos uso dos diferentes idiomas existentes no mundo mediante "CITAS CÉLEBRES", podedes poñelas por escrito ou con unha imaxe!!
Damos o pistoletazo de saída cas seguintes citas...

"Den lieb ich, der unmögliches begehrt" (Yo amo a aquel que desea lo imposible)

" Любо́вь сильне́е сме́рти и стра́ха сме́рти. То́лько е́ю, то́лько любо́вью де́ржится и движется жизнь" (El amor es más fuerte que la muerte y el miedo a la muerte. La vida es sostenida por el amor y avanza sólo gracias al amor.)




ANIMÁDEVOS!!! E A VER CANTAS CITAS EN DIFERENTES IDOMAS SOMOS CAPACES DE XUNTAR!!