Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Internacionalización | Burgo das Nacións: Xa están dispoñibles as bases do concurso FOTOGRÁFICO de SOCIOCULTURA e AULA VERDE!

07/02/2014

Xa están dispoñibles as bases do concurso FOTOGRÁFICO de SOCIOCULTURA e AULA VERDE!


Bases Concurso de Fotografía e Exposición Burgo das Nacións 2014. 
ORGANIZA AULA VERDE E SOCIOCULTURA
IMPRIME A TÚA COPIA NO SEGUINTE ENLACE, CÚBREO E ENTRÉGAO EN RECEPCIÓN ATA O 23 DE FEBREIRO 
https://www.dropbox.com/s/9f5dvtpfe2vnuw3/Bases%20Concurso%20de%20Fotograf%C3%ADa%20Burgo%202014%282%29.docx
É REQUISITO INDISPENSABLE PARA PARTICIPAR NO CONCURSO, A ACEPTACIÓN DAS PRESENTES BASES.
1ª PARTICIPANTES
Poderán participar neste concurso de fotografía aquelas persoas residentes da R.U. Burgo das Nacións durante o curso 2013-2014.
2ª TEMÁTICA
As fotografías serán sobre as paisaxes e a vida universitaria  de Santiago de Compostela, non poderán aparecer persoas que poidan ser recoñecidas na imaxe, salvo previo consentimento, sendo a persoa autora da foto responsable ante calquera reclamación.
3ª OBRAS
Cada participante poderá presentar a concurso 2 fotografías de cada temática:
-        As fotografías entregaranse en formato jpg , mediante correo electrónico a: aulaverde@burgodasnacions.com  (temática natural) e a sociocultura@burgodasnacions.com (temática universitaria).

-        O arquivo de cada fotografía entregaranse adxunto ó correo electrónico  CO NÚMERO do DNI (nunca co nome , apelido ou alcume). As fotografías poderán ter pé de foto ou un título que cada participante pode asignar a cada fotografía.

-        Modificación nas fotografías: permítese o retoque das fotos sempre que se garde coherencia coa realidade da foto tomada.


4ª PRAZOS DE ENTREGA E LUGAR
As fotografías poderanse entregar  nos enderezos electrónicos ata o dia 23 de febreiro de 2014, as bases debidamente cumprimentadas entregaranse na recepción da residencia tamén ata o mesmo día.

  CRITERIOS DE SELECCIÓN DAS FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS
Valorarase a calidade , orixinalidade e a creatividade da fotografía tomada. Así como os votos a través da rede social Facebook da residencia, mediante os “me gusta” en  cada fotografía.

6ª PREMIOS
Premios: Packs “La vida es bella” ou similiar  que inclúen Experiencias de estancias, benestar ou aventura a elexir. Se non fose posible conseguir os mencionados paks, estes substituiranse por cheques ou vales do mesmo valor económico.

  ENTREGA DE PREMIOS
A resolución do concurso e a entrega de premios terá lugar durante o mes de marzo, o nome e as fotografías das persoas gañadoras serán publicados posteriormente a través da rede social Facebook, así como nos taboleiros da residencia.
No caso de que a persoa premiada non este presente na entrega de premios, a organización poñerase en contacto con ela e  terá un prazo de 5 días para recoller o premio, se non o fixese darase o premio por deserto.
  INCOMPATIBILIDADES PARA RECIBIR UN PREMIO
A mesma persoa non poderá ser agraciada con máis dun premio, poderá concursar nas duas modalidades, pero so poderá gañar nunha delas.

   EXPOSICIÓN DAS FOTOGRAFÍAS E CESIÓN DOS DEREITOS DE REPRODUCIÓN
As persoas participantes neste concurso autorizan a  R.U. “BURGO DAS NACIÓNS”  a realizar unha exposición nas instalacións da residencia, a exposición estará composta polas fotos que se presentaron a concurso, tanto as premiadas como as demais presentadas, escolléndose entre estas últimas aquelas que teñan unha boa calidade de imaxe. Cada fotografía levará o nome do seu autor/a- As persoas que  participan neste concurso e exposición, outorgan a dirección da residencia o dereito de uso das fotografía a nivel divulgativo, facendo mención do autor/a.
_______________________________________________________________________________________________________________
ACEPTACIÓN DAS BASES

D. /Dna.                                                                                                                                              con DNI
data de nacemento ___________  e  residente no cuarto Nº _______ ,  como participante no
Concurso de Fotografía da R.U. Burgo das Nacións 2014,  afirmo coñecer as bases polas que  se rexe este concurso e confirmo coa miña sinatura  a aceptación das mesmas.

Santiago de Compostela , febreiro de 2014.     
                                                                                          Asdo:    ___________________