Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Internacionalización | Burgo das Nacións

4 de dec. de 2013

A OPERACIÓN KILO CONTINUARÁ...2ª Parte

A Operación Kilo terá segunda parte. A primeira volta era para recadar alimentos con motivo da recollida xeral que se facía a nivel nacional, mais pola nosa parte tamén queremos recoller alimentos que irán destinados a colectivos en Santiago de Compostela tales como os comedores sociais.

Polo tanto nos próximos días volveremos poñer as caixas na entrada da R.U.Burgo das Nacións.

A colaborar! E agradecemos a participación que tivo a primeira parte na que as caixas estaban chíñas cheíñas!

Grazas a todos !