Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Internacionalización | Burgo das Nacións: 'Burgo Harlem Shake' o martes 19

13 de mar. de 2013

'Burgo Harlem Shake' o martes 19


O Harlem Shake do Burgo das Nacións gravarase
o martes 19 de marzo ás 22h no hall da residencia.

Como se vai facer?

O vídeo ten dúas partes. Na primeira todo o mundo vai estar normal, sentado nos sofás da entrada, metendo moedas nas máquinas... vaia, disimulando. Entrementres, unha persoa voluntaria, disfrazada do que mellor lle pareza, bailará soa no medio. Na segunda parte todo o mundo bailará como se non houbese un mañá, dándoo todo, disfrazándovos do que queirades: con máscaras, batamantas, sen camisola... o que vos veña á cabeza.

Entón, que se necesita?

  • A maior cantidade de xente posíbel.
  • Que cada persoa veña vestida con roupa normal e, á parte, traia chafalladas para facer o parvo na segunda parte.
  • Unha persoa voluntaria para bailar en solitario na primeira parte (pode levar unha máscara na cara se lle dá vergoña).

Todo iso será montado e subido ao canal do Youtube do Burgo (si, temos diso, pero aínda non hai vídeos). Publicarémolo no web e nas redes sociais, para que todo o mundo poida ver a pouca vergoña que temos.

Non faltedes!