Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Internacionalización | Burgo das Nacións: Taller de Repostería de Entroido Mércores 6

03/02/2013

Taller de Repostería de Entroido Mércores 6

Coas mans na masa! 
Taller de cociña de Entroido

Nestas datas que se aproximan de pantallas e cigarróns que mellor que comezar a pensar en doces! Pois na R.U.Burgo das Nacións tamén queremos ter un taller de repostería de Entroido. Faremos orellas e os que veñan poderán adquirir as recetas de todos os postres destas datas: roscas de anís, filloas, orellas...
Anímate e vén! 

Será este mércores 6 de Febreiro na Cociña da Primeira Planta Fase A asignada aos cuartos 1019-1068 ás 16.00 horas

Esperámoste coas mans na masa!