Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Internacionalización | Burgo das Nacións: Tarde- Noite de cine coa película INTOCABLE o mércores ás 20.00 h

27/01/2013

Tarde- Noite de cine coa película INTOCABLE o mércores ás 20.00 h


Agora que xa deixamos de trasnoitar por mor dos exames que mellor que pillar un refresco, facer unhas palomitas, chamar os compis e ir ver a película Intocable este mércores día 30 ás 20.00h na Sala de Cine nas catacumbas do Burgo!  

Intocable (2011):  Philippe, un aristócrata que quedou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente, contrata como coidador a domicilio a Driss, un inmigrante dun barrio marxinal recén saído do cárcere. Aínda que, a primeira vista, non parece a persoa máis indicada, os dous acaban logrando que convivan Vivaldi y Earth Wind and Fire, os traxes de etiqueta e o chándal. Dous mundos enfrentados que, pouco a pouco, conxenian ata forxar unha amizade tan disparatada, divertida e sólida como inesperada, unha relación única na súa especie da que saltan chispas. 

Esta película trata temas que nos fan pensar que aínda hai xente con valores! Unha película que ademáis de divertirda che aprenderá a ser un pouco máis feliz e comprensible cos demais.

Esperámoste! Logo da película, faremos unha tertulia de non máis media hora para tratar algún dos temas sobre os que versa o filme. 



Non te esquezas das palomitas!!