Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Internacionalización | Burgo das Nacións: Participa nos talleres de Alzheimer de AGADEA en Febreiro

27 de xan. de 2013

Participa nos talleres de Alzheimer de AGADEA en Febreiro


Desde a Bolsa de Sociocultura queremos que saques o teu lado máis humano. E para iso organizamos a participación nos talleres de AGADEA. Agadea é unha asociación de Alzheimer con sede en Santiago que organiza actividades para os nosos maiores. Ten talleres en Vite polas mañás e pola tarde en Sangueiriños xunto McAuto da entrada Norte de Santiago.

Os días 18 e 19 participaremos nos talleres da rúa Manuel María (preto da rotonda do McAuto na entrada Norte de Santiago de Compostela) de 16.00 a 18.00 horas e o xoves de 11.30 a 13.00 horas no de Vite. Se queres pasar un bo anaco e coñecer algo máis esta enfermidade acompáñanos! Unha forma de axudar de maneira voluntaria que eles che agradecerán con moitos sorrisos. 








É preciso que te comuniques coa bolseira de Sociocultura  para escoller o día e o horario que mellor che conveña a través de:
Debes comunicarte antes coa bolseira para reservar día antes do 9 DE FEBREIRO. Co fin de non alterar a rutina dos talleres cada día só poderán ir dúas ou tres persoas e é necesario organizarnos por iso e preciso ter todo preparado de antemán!  O día dos talleres quedaremos na entrada do burgo para ir xuntos aos talleres, iremos andando ou en bus porque é preto!

Anímate!! Porque vivir é compartir ;)