Burgo das Nacións Aula Verde Biblioteca Deportes Informática Sociocultura
Internacionalización | Burgo das Nacións

22/02/2017

¿CÓMO SON OUTROS COLEXIOS MAIORES FÓRA DE ESPAÑA?


Boas a todos!

Falando con algúns dos estudantes Erasmus da nosa residencia, coméntanme que 
os colexios maiores fóra daquí son bastante diferentes... Déixovos como exemplo o modelo ruso, que aparece ben resumido no link. 

O modelo ruso pode resumirse segundo a noticia en: "Son lugares peculiares donde hay reglas para todo. No se puede recibir huéspedes, ni beber, ni fumar. A medianoche se cierran las puertas y solo reabren a las 6.00 de la mañana. Quien quiera salir o entrar durante esta franja horaria, tiene que hacerlo a escondidas por las ventanas de los pisos más bajos, intentando burlar la vigilancia de las cámaras de seguridad"




Botádelle un vistazo aquí! : (http://www.yorokobu.es/colegios-mayores-rusos/)


Saúdos e vémonos pronto!


P.D: estade atentos ao blog e aos carteis do taboleiro, veñen novas actividades!  




18/11/2016

Primeira actividade de internacionalización

Boas noites a todos!

Déixovos por aquí o cartaz dunha actividade da bolsa de internacionalización que comezará o vindeiro martes e xa sabedes, calquera cousa podedes escribir a sociocultura@burgodasnacions.com ou pasarvos polo local de bolseiros os luns de 21:30 a 22:30. Estade atentos ás próximas actividades e animádevos a participar! 
Biquiños,
Ana.



09/03/2016

BURGO-VISIÓN

Imos propoñer un xogo musical...X Lugares...X cancións... Cal é o ranking das cancións propostas que máis gustan @s burgueses e burguesas????  Comeza a votación e podedes facer as vosas aportacións!!!!


GALICIA



PORTUGAL

ESPAÑA EN SÍ

REINO UNIDO
KOREA

FRANCIA

ITALIA


JAPÓN


CHINA



NORUEGA

BÉLGICA


RUSIA

BRASIL

EE.UU.

CANADÁ


LONDRES



INGLATERRA


MARRUECOS

ARGENTINA

ANDORRA


CITAS CON LINGUA...

Citas con Lingua...

A lingua, como sistema de comunicación verbal. xestual ou escrita, propia dunha comunidade humana, é unha das maiores riquezas que ten o ser humano. Na actualidade 
non é posible contabilizar exactamente o número de linguas existentes no mundo, xa que van aparecendo e desaparecendo continuamente pero estímase que se falan en todo o mundo arredor de 7000 idiomas diferentes. O 90% dos mesmos, son falados por menos de 100.000 persoas, como os propios das tribus ou poboacións con diferentes dialectos. Entre 150 e 200 idiomas son falados por un millón de persas, mentres que 46 tipos de lenguas son faladas por só un individuo.
E se contamos algunas curiosidades sobre os idiomas?

  • Existen arredor de 7000 linguas no mundo, de 189 estados e faladas por 7 mil millóns de persoas.
  • A maioría das linguas fálanse en Asia e África.
  • Aproximadamente a metade da poboación mundial é bilingüe.
  • As linguas máis faladas de acordo coa UNESCO son (de maior a menor): Chino, Mandarín, Inglés, Español, Hindú, Bengalí, Ruso, Portugués, Japonés, Alemán e Francés.
  • 2500 linguas están en perigo de extinción.
  • As persoas que saben máis dun idioma gañan aproximadamente un 8% máis.
  • Segundo diversos estudos, falar varios idiomas podería retrasar o envellecemento cerebral.
Visto isto imos a propoñer unha actividade na que fagamos uso dos diferentes idiomas existentes no mundo mediante "CITAS CÉLEBRES", podedes poñelas por escrito ou con unha imaxe!!
Damos o pistoletazo de saída cas seguintes citas...

"Den lieb ich, der unmögliches begehrt" (Yo amo a aquel que desea lo imposible)

" Любо́вь сильне́е сме́рти и стра́ха сме́рти. То́лько е́ю, то́лько любо́вью де́ржится и движется жизнь" (El amor es más fuerte que la muerte y el miedo a la muerte. La vida es sostenida por el amor y avanza sólo gracias al amor.)




ANIMÁDEVOS!!! E A VER CANTAS CITAS EN DIFERENTES IDOMAS SOMOS CAPACES DE XUNTAR!!



27/11/2014

Operación kilo.

Ola a todos!
Entre hoxe e mañá se levará a cabo na residencia a "Operación kilo" que consiste nunha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros, tales como: pasta, latas de conserva, legumes, cereais, etc.
O punto de recollida está situado en recepción.

Contribúe nesta boa causa e axuda ás persoas máis necesitadas. Non o dubides!


31/03/2014

Entrega premio Concurso Fotografía

Acabamos de entregar o premio da temática de Sociocultura do Concurso de fotografía :) Agardamos que desfrutes da túa experiencia Soraya Varela! Velaquí estás co agasallo xunto ao taboleiro de Sociocultura ;)

08/03/2014

Día Internacional da Muller

Bo Día da Muller a tod@s! Aquí vos deixo un enlace de pancartas feministas con arte
A de Arzobispus Rex foi a miña preferida!